Hoxe imos ver dúas recetas, ben distintas, de como hai que facer para conseguir ser un bo profe. Unha delas é o profe tecnocrático que tanto lle gusta á Administración, e outra, o profe humanista que tantas veces resulta indixesto para os mandamais...
Profe tecnocrático
Ingredientes:
- Un profesor/a atlético, fibroso e serio.
- 25 ou máis alumnos/as de niveis intelectuais homoxéneos (a poder ser alto).
- Varios obxectivos centrados na excelencia.
- Moitos contidos centralizados e uniformes.
- Unha metodoloxía pasiva e onde o mestre sexa o verdadeiro protagonista.
- Recursos materiais escasos, moi taxados..
- Temporalización con miras a curto prazo.
- Avaliación cuantitativa para poder comparar.
Metemos todos os ingredientes dentro dun aula, ben apretadiños e a baixa temperatura (hai que aforrar calefacción). Unha vez que todo estea ordenado, o mestre botará man do libro e impartirá a súa clase maxistral como se veu facendo ao longo dos tempos. Non se esquecerá de incluír as TICs na súa docencia e para elo usara un proxector, un encerado dixital e un lector ultramoderno de documentos para reflectir a tamaño grande o seu libro no EDI. As veces tamén proxectará fabulosas presentacións dos temas de clase compostas de texto e imaxe, como apoio a súa clase maxistral. Unha vez rematado o tema o alumnado xa está listo para avaliar.
Ingredientes:
- Un profesor/a amigable, regordecho/a e sobre todo contento/a e feliz.
- Non máis de 15 alumnos/as de niveis intelectuais heteroxéneos.
- Varios obxectivos centrados en formar ao alumnado como persoa.
- Contidos próximos e significativos, segundo os intereses do alumnado.
- Unha metodoloxía activa, onde o alumnado sexa o verdadeiro protagonista do seu propio aprendizaxe.
- Recursos persoais e materiais abundantes, cando menos suficientes.
- Temporalización con miras a medio e largo prazo.
- Avaliación cualitativa e significativa.
Escuelas unitarias. Patricia Ramos |
Obteremos persoas críticas con capacidade de cambiar o mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario