Mapa creado no curso de Lectoescritura dixital do Platega.
Mostrando entradas con la etiqueta Curso lectoescritura dixital. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso lectoescritura dixital. Mostrar todas las entradas
22/12/14
8/12/14
Aprender a elaborar esquemas
Preme na imaxe para ver o Gloster cos pasos que hai que seguir para realizar un esquema que nos sexa de utilidade:
30/11/14
Actividade CR
Imaxe para promocinar a lectura na nosa biblioteca, realizada en gimp 2.8 coas seguintes imaxes:
- Mascota da nosa biblioteca.
- Libro da web "Letrapixel"
- Imaxe da Terra recollida da web "El planeta Tierra"
- Imaxen do universo da web "Las mejores fotos del universo"
25/11/14
Vídeopoema "O fafarrún"
Vídeopoema realizado co alumnado de primeiro curso na Hora de ler e relacionado co PDI que estamos a traballar este curso, titulado "Mergullámonos nun mar de números".
9/11/14
Profesor tecnócrata & profesor humanista
Hoxe imos ver dúas recetas, ben distintas, de como hai que facer para conseguir ser un bo profe. Unha delas é o profe tecnocrático que tanto lle gusta á Administración, e outra, o profe humanista que tantas veces resulta indixesto para os mandamais...
Profe tecnocrático
Ingredientes:
- Un profesor/a atlético, fibroso e serio.
- 25 ou máis alumnos/as de niveis intelectuais homoxéneos (a poder ser alto).
- Varios obxectivos centrados na excelencia.
- Moitos contidos centralizados e uniformes.
- Unha metodoloxía pasiva e onde o mestre sexa o verdadeiro protagonista.
- Recursos materiais escasos, moi taxados..
- Temporalización con miras a curto prazo.
- Avaliación cuantitativa para poder comparar.
Metemos todos os ingredientes dentro dun aula, ben apretadiños e a baixa temperatura (hai que aforrar calefacción). Unha vez que todo estea ordenado, o mestre botará man do libro e impartirá a súa clase maxistral como se veu facendo ao longo dos tempos. Non se esquecerá de incluír as TICs na súa docencia e para elo usara un proxector, un encerado dixital e un lector ultramoderno de documentos para reflectir a tamaño grande o seu libro no EDI. As veces tamén proxectará fabulosas presentacións dos temas de clase compostas de texto e imaxe, como apoio a súa clase maxistral. Unha vez rematado o tema o alumnado xa está listo para avaliar.
Ingredientes:
- Un profesor/a amigable, regordecho/a e sobre todo contento/a e feliz.
- Non máis de 15 alumnos/as de niveis intelectuais heteroxéneos.
- Varios obxectivos centrados en formar ao alumnado como persoa.
- Contidos próximos e significativos, segundo os intereses do alumnado.
- Unha metodoloxía activa, onde o alumnado sexa o verdadeiro protagonista do seu propio aprendizaxe.
- Recursos persoais e materiais abundantes, cando menos suficientes.
- Temporalización con miras a medio e largo prazo.
- Avaliación cualitativa e significativa.
![]() |
| Escuelas unitarias. Patricia Ramos |
Obteremos persoas críticas con capacidade de cambiar o mundo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


